Platinos Lyrics[Letra de "Platinos"]
[Verse]
A nai que me pariu
Pariume nunha cuneta
Cando a comadrona veu
Xa era chofer de primeira
A nai que me pariu
Pariume o pé do foxo
Cando a comadrona veu
Facía rallies polos toxos
[Chorus]
E logo que querías
Se eu bebía gasolina
Se mesmiño no parto
Xa probei o asfalto
E logo que querías
Teño sangue de viaxante
Uns saíron pola cona
Eu por un tubo de escape
[Refrain]
La, la, la, la, la
La, la, la, la, la
La, la, la, la, la
La, la, la, la, la
[Verse]
Es unha, es dúas
Es tres, es corenta
Es un aparcamento
Onde todo o mundo entra
Es trinta, es cen, es mil
E non tes cеda o paso
Vou directo pra ningures
Deus mе libre dese atasco
[Chorus]
No buga a ferradura
San Cristobo dos pilotos
Dame forza nos cilindros
Coma fuciño do porco
No buga a ferradura
San Cristobo kamikaze
Quero un misil do trinque
Para a última viaxe
[Verse]
Tirando pra Carballo
Atopeime cun máis bravo
Gardaba a ferramenta
En follas do calendario
Guiaba un catro eixos
Sete cuartas do volante
Que a este o pariron
Nun cambio de rasante
[Chorus]
E logo que querías
Se eu bebía gasolina
Se mesmiño no parto
Xa probei o asfalto
E logo que querías
Teño sangue de viaxante
Uns saíron pola cona
Eu por un tubo de escape
[Bridge]
"Anda a pasma preguntando
Por cada disco-tasca
A ver por onde a rascas
"Anda a pasma preguntando
Por cada disco-tasca
A ver por onde a rascas
Xa puxeron a túa cara
De sinal de perigo
En tódalas estradas"
Xa puxeron a túa cara
De sinal de perigo
En tódalas estradas"
[Chorus]
E logo que querías
Se eu bebía gasolina
Se mesmiño no parto
Xa probei o asfalto
E logo que querías
Teño sangue de viaxante
Uns saíron pola cona
Eu por un tubo de escape
Tes no buga a ferradura
San Cristobo dos pilotos
Dame forza nos cilindros
Coma fuciño do porco
No buga a ferradura
San Cristobo kamikaze
Quero un misil do trinque
Para a última viaxe