Todo segue igual
Cada día a mesma merda,
pensas cando o sol te esperta
Porque aínda que pase o tempo
todo segue igual.
A vida da voltas,
pero sempre en torno a ti.
Os teus días de fazañas
están chegando ó seu fin.
Segues cara adiante,
pero ves que algo vai mal.
O camiño faise eterno,
non queres mirar atrás.
Segues cara adiante,
pero todo segue igual.
As promesas que escoitaches
foron fume, nada máis.
Segues cara adiante,
pero ves que algo vai mal.
O camiño faise eterno,
non queres mirar atrás.
Segues cara adiante,
pero todo segue igual.
As promesas que escoitaches
foron fume, nada máis.