Se Queres A Boa Moza
Se queres a boa moza
non vaias á romaría,
vaina buscar á súa casa
con roupa de cada día.
Aí che vai, Maruxiña, aí che vai,
aí che vai , aí che vai, Maruxiña!
no curral de teu pai,
no curral de teu pai
encirráronme o can,
e saíu a miña sogra
cunha tranca na man,
cunha tranca na man
e un zapato no pé,
ela quéreme mal
e eu ben sei por que é!
Se queres a boa moza
non vaias por ela á feira,
vaina buscar á súa casa
o día da sementeira.
Aí che vai, Maruxiña, aí che vai,
aí che vai , aí che vai, Maruxiña!
no curral de teu pai,
no curral de teu pai
encirráronme o can,
e saíu a miña sogra
cunha tranca na man,
cunha tranca na man
e un zapato no pé,
ela quéreme mal
e eu ben sei por que é!
Se chove deixa chover,
se orballa deixa orballar,
eu ben sei dun abriguiño
onde me hai de ir abrigar
Aí che vai, Maruxiña!
O caravel cando nace
de pequeniño recende,
non hai cousa máis humilde
có amor cando pretende