Terra De Maragatos
Funme casar á montaña,
que é terra de maragatos,
déronme unha muller vella
toda rillada dos ratos. [BIS]
Eu caseime cunha vella
porque tiña o coiro duro
e os condenados dos ratos
furáronchelle o bandullo. [BIS]
Unha vella fixo papas
e o pote botoullas fóra,
hai un ano que foi iso
e aínda hoxe a vella chora. [BIS]
Agora xa non se usa
matar as pulgas coa uña,
métense nunha burata
e dáselle cunha cuña. [BIS]
Eu caseime cunha vella
por causa da fillarada
e vai o demo da vella
trouxo dez nunha niñada. [BIS]